Cando xa estabamos preparados para marchar para casa escoitamos un ruido na porta da escola. Chegamos correndo e alí estaban unhas caixas sorpresa!
Había unha para cada neno e cada nena, que será??
Abrímolas ó chegar a casa e dentro estaban enterradas as partes dun dinosaurio.
Axúdaronnos a montalo as mamás, papás, avós, avoas, etc pero rematamos moi rápido!
Algúns o día seguinte levaron o dinosaurio á escola e alí pintámolo e o profe púxolles cola para que non se volveran a desmontar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario